Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre esmagado un traballador e outros dous feridos nun accidente nunha base de Renfe en Madrid

Morre esmagado un traballador e outros dous feridos nun accidente nunha base de Renfe en Madrid

O falecido é un home de 30 anos ao que lle caeu enriba unha maquinaria metálica de mantemento de trens

A compañía ferroviaria anuncia unha investigación interna para determinar as causas do sinistro  

Base de mantemento de Renfe. EFE (Arquivo) Base de mantemento de Renfe. EFE (Arquivo)
G24.gal 22/07/2026 17:23

Un traballador morreu e outros dous resultaron feridos como consecuencia dun accidente laboral producido este mércores na Base de Mantemento Integral de Renfe en Villaverde (Madrid).

Segundo informou a Policía Municipal de Madrid, a vítima mortal é un home de 30 anos, que resultou esmagado por unha maquinaria metálica de mantemento de trens.

Os outros dous feridos no accidente, ocorrido ás 14.19 horas, presentan diversas fracturas, pero a súa vida non corre perigo, segundo a Policía Municipal, que investiga as causas do accidente.

O accidente produciuse durante uns traballos de mantemento 

Nun comunicado a empresa sinala que a vítima era traballador dunha empresa contratista e que o sinistro se produciu no transcurso duns traballos de mantemento por causas que están a ser investigadas.

Ademáis das actuacións que están a realizar as autoridades competentes, a compañía anuncia que levará a cabo unha investigación interna para esclarecer as circunstancias nas que se produciu o accidente e determinar as súas causas.

Renfe lamenta profundamente o ocorrido e traslada os seus máis sinceras condolencias aos seus familiares, compañeiros e achegados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade