Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sindicato Ferroviario convoca unha nova folga en Renfe este mércores

O Sindicato Ferroviario convoca unha nova folga en Renfe este mércores

Os servizos mínimos serán do 73 % na alta velocidade e do 66 % nos trens de media distancia 

RENFE RENFE
G24.gal 15/07/2026 08:54

O Sindicato Ferroviario convocou para este mércores unha nova xornada da folga de 24 horas en Renfe para denunciar o incumprimento dos acordos asinados en novembro de 2023 co Ministerio de Transportes e coa representación dos traballadores. 

Servizos mínimos 

O Ministerio de Transportes estableceu uns servizos mínimos do 73 % nos trens de alta velocidade e longa distancia e do 66 % nos de media distancia. Segundo a resolución, poderían verse afectados 94 de 343 trens de alta velocidade e longa distancia programados e 234 dos 650 de media distancia. 

Denuncian incumprimentos 

O sindicato critica tamén o que cualifica de abandono premeditado do servizo de mercadorías pola intención de cedelo á empresa Medway, filial da compañía MSC. 

Na anterior xornada de folga, celebrado o pasado 29 de xuño, Renfe cifrou o seguimento no 1,83 % e asegurou que o servizo funcinou con normalidade na maior parte da rede. O Sindicato Ferroviairo denunciou presuntas irregularidades durante esa convocatoria e anunciou accións xudiciais por considerar que se vulnerou o dereito á folga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade