"Razonable optimismo" no incendio de Guadalaxara tras arrasar máis de 32.000 hectáreas
Levantarán o confinamento de cinco dos 34 núcleos de poboación evacuados
Segue a loita contra as lapas en Teruel e Huelva
Das 120.000 hectáreas queimadas no que vai de ano en España, unha terceira parte corresponden a Guadalaxara.No norte desta provincia seguen activos dous incendios forestais, un deles, na Serra Norte, continúa ardendo despois de queimar máis de 32.000 hectáreas.
O incendio avanzou lixeiramente polo lado oeste, pero mantense estable polo norte no límite con Soria.
O segundo incendio, iniciado en Selas, na comarca guadalaxarense do Alto Tajo, obrigou a desaloxar media ducia de localidades e leva queimadas máis de 2.000 hectáreas."Faísenos unha eternidade. Porque estar aquí con todo o queimado e todo o que está pasando é moi duro, moi forte".
No posto de mando deste incendio estivo hoxe o presidente do Goberno. Pedro Sánchez volveu pedir un pacto de Estado para a loita contra o cambio climático. Xunto a el, o presidnete de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, destacou a coodinación de todas as administracións e o traballo dos equipos de extinción
A evolución positiva durante a noite do incendio de Ejulve, en Teruel, permitiu o retorno dos veciños evacuados e reducir o nivel da emerxencia.
Sete cuadrillas permanecen sobre o terreo para arrefriar as 1.400 hectáreas queimadas.
O vento é o principal problema que enfronta as brigadas no incendio de Almonaster la Real, en Huelva, que obrigou a evacuar 300 veciños, que xa regresaron aos seus fogares. Nesta mesma provincia andaluza continúa activo outro incendio na comarca de Andévalo e nas últimas horas quedou extinguido o que afectaba a Lucena del Puerto, localidade próxima á capital onubense.