Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias cidades galegas súmanse as concentracións de Madrid en defensa dunha vivenda digna

Varias cidades galegas súmanse as concentracións de Madrid en defensa dunha vivenda digna

Dirixentes do BNG, como Ana Pontón e Goretti Sanmartín en Santiago, participaron nas mobilizacións

A manifestación en Santiago rematou cunha sentada na estación intermodal

Sumar e os socios da esquerda métenlle presión ao Goberno para aprobar un decreto de vivenda "esixente"

Un momento da concentración convocada pola Alianza pola Vivenda na Porta do Sol de Vigo este luns EFE / Brais Lorenzo Un momento da concentración convocada pola Alianza pola Vivenda na Porta do Sol de Vigo este luns EFE / Brais Lorenzo
G24.gal 28/09/2026 22:12 Última actualización 28/09/2026 23:09

Varias localidades galegas acolleron este luns diversas mobilizacións para reclamar unha vivenda digna, seguindo o exemplo da concentración de Madrid e tamén das celebradas noutras localidades españolas.

En Santiago de Compostela, a marcha contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín e da voceira nacional do BNG, Ana Pontón. A presenza de dirixentes nacionalistas foi tamén significativa noutras mobilizacións convocadas en Galicia.

Na capital galega, centos de mozos improvisaron unha sentada na estación intermodal convocada polo Sindicato de Vivenda de Compostela.

Tras as primeiras consignas como 'Hai casas sen xente e xente sen casas' e 'Casas para vivir, non para investir', os manifestantes, de forma totalmente espontánea, decidiron 'tomar as rúas' -como eles mesmos sinalaron- e, de forma pacífica, botáronse a andar.

Despois de percorrer varias rúas da capital galega e pasar pola Praza Roxa, baixaron por Rúa do Hórreo para acabar na estación intermodal.

Sentada na estación intermodal de Santiago (EFE) Sentada na estación intermodal de Santiago (EFE)

Unha manifestación percorreu as rúas de Vigo, convocada pola Alianza pola Vivenda. Integrada por varios colecivos sociais e partidos de esquerda, concentrouse na Porta do Sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade