Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove anos de cadea por entrar na casa da súa exparella, que acabou tirándose pola ventá

Nove anos de cadea por entrar na casa da súa exparella, que acabou tirándose pola ventá

A muller aproveitou que o agresor se dirixía á cociña e fuxiu a un cuarto contiguo para escapar lanzándose pola fiestra ao patio interior do edificio

O individuo foi condenado por violación de morada, detención ilegal e lesións agravadas

G24.gal 16/11/2026 15:45

Un home foi condenado a nove anos e sete meses de prisión por entrar na casa da súa exparella, retela e agredila, segundo unha sentenza divulgada este luns pola Audiencia provincial de Lugo.

O individuo foi condenado por violación de morada, detención ilegal e lesións agravadas á súa exparella, segundo a sentenza da sección segunda da Audiencia provincial, ao considerar probado que accedeu á forza á vivenda e, unha vez dentro, agrediu á muller e impediulle saír.

Durante o forcexo, a muller colleu un coitelo para tratar de defenderse, polo que ambos resultaron feridos, pero a actitude do home xerou tal medo á vítima que acabou tirándose pola fiestra.

Segundo a resolución, ante o temor de que lle puidese facer máis dano, a muller aproveitou que o agresor se dirixía á cociña e fuxiu a un cuarto contiguo para escapar lanzándose pola fiestra ao patio interior do edificio.

A muller sufriu diversas lesións e secuelas psicolóxicas 

Na caída sufriu diversas lesións e secuelas psicolóxicas polo que o agresor foi tamén condenado a indemnizar á muller con 21.500 euros polos danos, aínda que o tribunal descartou o delito de tentativa de homicidio por considerar non probado que o home actuase coa intención de matala.

A resolución, que non é firme pois cabe interpoñer recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), destaca que a muller estaba no momento da agresión "en todo momento baixo o dominio e a supervisión do procesado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade