Publicador de contidos

Publicador de contidos

A marcha en Palma contra o turismo masivo remata con cargas policiais e ducias de feridos

A marcha en Palma contra o turismo masivo remata con cargas policiais e ducias de feridos

Hai unha persoa detida por participar nos altercados e un fotógrafo ferido por recibir un golpe na cabeza por parte dun axente

Antes dos disturbios, 25.000 persoas participaron nunha protesta contra a masificación turística da illa e a falta de vivenda para os residentes 

Antidisturbios e manifestantes en Palma de Mallorca tras a protesta en contra da masificación turística
G24.gal 27/07/2026 15:49

As cargas policiais producíronse na noite deste domingo, xa rematada a manifestación, e en respota ao lanzamento dalgún obxecto.

Segundo varias testemuñas, os axentes tamén cargaron contra aqueles que gravaban co móbil a súa actuación.

Hai un detido e unha ducia de feridos, entre eles un fotógrafo que recibíu un golpe na cabeza por parte dun policía.

Marcha en contra dos danos ambientais e a falta de vivenda para os residentes 

Antes, pola tarde, 25.000 persoas nanifestábanse por terceiro ano consecutivo polas rúas de Palma de Mallorca contra a masificación turística da illa. Os manifestantes poñen o acento na saturación dos servizos públicos, os danos ambientais e a falta de vivenda para os residentes polos alugueiros para turistas.

"Queremos que haxa vivendas para os residentes, porque Mallorca é para os mallorquinos. Poden vir os turistas pero que respecten a nosa lingua e a nosa cultura", dicía un dos manifestantes.

"Que se vaian, que nos deixen tranquilos", aseguraba un dos participantes na marcha.

O ano pasado o arquipélago recibiu 19 millóns de turistas, e este ano esperan superar todas as previsións

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade