Atendidas 120 persoas, ningunha grave, por un incendio no metro de Barcelona
O incendio foi na liña 1 do metro e obrigou a desaloxar a estación de Glòries e pechar a de Clot
EFE
O Sistema de Emerxencias Médicas atendeu unhas 120 persoas, ningunha delas grave, polo incendio na catenaria da Liña 1 do metro de Barcelona que obrigou a desaloxar a estación de Glories e a pechar a de Clot.
A maioría das persoas afectadas están a ser atendidas en carpas instaladas nos arredores das estacións afectadas, moitas delas tras inhalar o fume que encheu o túnel e as instalacións tras o incendio orixinado pola catenaria.
Das primeiras 59 persoas que foron atendidas, 58 presentan afectacións leves e unha está en estado menos grave. Desas 59, tres persoas foron trasladadas ao hospital do Mar e outras seis a un ambulatorio. Debido a esta incidencia, activáronse 19 ambulancias para atender as persoas afectadas.