Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un avión de Iberia fai unha aterraxe de emerxencia en Bruxelas tras detectar fume a bordo

Un avión de Iberia fai unha aterraxe de emerxencia en Bruxelas tras detectar fume a bordo

A aeronave voaba de Madrid a Oslo

Europa Press Europa Press
G24.gal 15/09/2026 17:13

Un avión da aeroliña española Iberia que voaba de Madrid a Olso tivo que efectuar unha aterraxe de emerxencia este martes no aeroporto de Bruxelas tras detectar fume a bordo.

"Recibimos información do avión de que había fume a bordo e pediron aterrar en Bruxelas. O avión aterrou de forma segura", indicou a EFE unha portavoz do aeroporto de Bruxelas.

A mesma fonte confirmou que non hai "feridos graves".

"Iberia poñerá outro avión para continuar" cara a Oslo, que sairá esta mesma tarde, agregou a portavoz, quen engadiu que o aeroporto non ofrecerá máis detalles e en diante será Iberia quen xestione a comunicación.

Polo momento descoñécese que causou o fume que forzou ao piloto para dirixirse ao aeroporto máis próximo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade