Publicador de contidos

Publicador de contidos

O interior da provincia de Pontevedra, en alerta vermella por calor este xoves

O interior da provincia de Pontevedra, en alerta vermella por calor este xoves

No interior da Coruña, no centro de Lugo e na montaña de Ourense o nivel será laranxa

Europa Press Europa Press
G24.gal 02/09/2026 18:11 Última actualización 02/09/2026 18:33

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias, activa avisos por calor para este xoves 3 de setembro.

MeteoGalicia prevé a chegada de aire cálido de orixe norteafricano que ocasionará un importante incremento nas temperaturas. Con esta previsión, a Xunta activa para este xoves o máximo nivel de alerta, o vermello, por calor para o interior da provincia de Pontevera. 

O interior da provincia da Coruña, o centro da de Lugo e a montaña de Ourense quedan en aviso laranxa.

 

 

Os concellos afectados pola alerta de nivel vermello por calor son Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Os valores máis elevados espéranse durante as tardes do xoves e do venres. O sábado aínda será un día caloroso, pero probablemente con nubes e algunhas tormentas no interior que farían descender lixeiramente as temperaturas e estes valores tenderían xa a normalizarse o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade