Ourense marca a temperatura máxima de Galicia, ao chegar aos 40,3 graos
A conca do Miño de Ourense repite alerta laranxa este martes
A cidade de Ourense rexistrou a máxima temperatura este luns de alerta en Galicia, ao alcanzar os 40,3 graos, segundo información de MeteoGalicia. Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou unha alerta laranxa na zona do río Miño en Ourense para este martes, 28 de xullo, entre as 13:00 e as 21:00 horas.
Así mesmo, a Aemet tamén activa alertas amarelas en varias zonas das catro provincias este martes: interior e suroeste da provincia da Coruña, sur de Lugo, noroeste de Ourense, zona do Miño en Pontevedra e Rías Baixas.
Igualmente, Meteogalicia lanza un aviso laranxa para a zona do Miño en Ourense, neste caso desde as 15,00 horas do martes. Pola súa banda, a Xunta informa dun nivel amarelo de alerta por onda de calor para este martes na montaña de Ourense e zona de Valdeorras.