Acampar sen atrancos: do saco á lanterna pasando polo fornelo ou o carriño multiusos
Se é a opción para as vacacións do verán as necesidades son maiores e pérgolas, armarios ou mesas para a cociña máis robustas engaden comodidade
Para unha escapada pode que abonde con tenda, sacos de durmir e esteiras. Son os básicos do campismo. Pero hai imprescindibles que aportan maior comodidade.
"O colchón e una boa saba de viaxe que é máis compacta e máis cómoda. É unha peza bastante útil e aínda que teña unha forma de saco é máis fresquiña ", explica Bibiana Echagüe, responsable da sección de Cámping ALI.
Non poden faltar: un fornelo para cociñar, cadeiras que se poidan pregar e nos últimos tempos un carriño multifunción.
"Son carros nos que se pode meter todo para transportar de xeito doado. Mesmo a xente que usa caravana e autocaravana empregan moito estes carros e é algo que últimamente piden moito", engade.
Para quen escolle o cámping como destino das vacacións de verán as necesidades son maiores.
"Desde pérgolas, estruturas máis firmes, armarios e mesas para a cociña máis robustas. Temos tamén fregadoiros que se pregan que se usan moito. Tamén é certo que esta xente xa van como se levasen unha pequena casa para o cámping. A verdade é que están como na casa", sinala a responsable da sección de Cámping ALI.
Como na casa e coa vantaxe de poder desfrutar de actividades ao aire libre e en plena natureza.