Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos máis turísticos asumen os retos derivados da chegada masiva de veraneantes

Os concellos máis turísticos asumen os retos derivados da chegada masiva de veraneantes

Dificultades para aparcar ou colas para facer a compra son algúns dos contratempos no día a día

G24.gal 02/08/2026 14:41

A poboación dos concellos máis turísticos multiplícase durante o verán, cun importante impacto económico, pero tamén con novos retos para os servizos e para o día a día da veciñanza. Comprobámolo en Miño, un dos destinos máis concorridos da comarca das Mariñas Coruñesas.

"Viñemos cando a pandemia, gustounos moito a zona e dede aquela vimos todos os anos". "Tes a autoestrada preto, a praia, moitas zonas verdes... telo todo". "A contorna é moi bonita, a praia é marabillosa e a xente é moi hospitalaria", comentan varios turistas.

É o destino habitual de vacacións para moitas familias que teñen aquí unha segunda residencia e que  contribúen a multiplicar no verán unha poboación que o resto do ano apenas supera os sete mil habitantes. Agosto comezou cunha ocupación hostaleira próxima ao cen por cento.

"Nós estamos completos e temos chea toda a axenda ata a eclipse", dinos Mari Pantín, do hotel La Terraza.

Casas e hoteis completos que traen consigo algúns contratempos no día a día da vila.

"O maior problema e esperar as colas no supermercado e aparcar". "Teño que vir aquí ao súper, pero xa prefiro ir ao de Betanzos ou a Ferrol. O outro día tiven que dar polo menos seis voltas para aparcar alí arriba de todo, que para levar a compra... Pero hai que aceptar esas cousas ,a xete sale e é normal", din tres veciñas de Miño.

"Reforzamos o cadro de persoal porque aumenta moito o traballo. Igual pasamos de dez carros de mercadoría a trinta", detalla Raquel Rodríguez, empregada do Gadis.

Son  incovenientes que en Miño, en xeral, aceptan cun sorriso, sabedores da importancia do turismo na comarca e de que en setembro recuperarán a calma.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade