Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Ourol presume de legado indiano cun percorrido a dezasete edificacións

O Concello de Ourol presume de legado indiano cun percorrido a dezasete edificacións

O paseo realízase nun autobús de época, no que un guía explica a historia de cada vivenda ou institución levantada polos emigrantes retornados de América

G24.gal 02/08/2026 14:49

Nada mellor que un autobús de época para desprazarse a coñecer o legado indiano de Ourol

Nun percorrido de arredor dunha hora anímase a coñecer a historia destas edificacións. 

O guía José Ángel Paz explica que eran e seguen sendo "unhas casas moi diferentes ó que había pola zona, porque a idea era marcar precisamente o éxito do que conseguiran".

De Ourol partiron moitos veciños que deixaron a súa pegada tamén en institucións.

"Eles construían en cada parroquia donde creían que era moi necesaria a educación de nenos e nenas para que non sufrisen as penurias que eles tiveron que vivir cando se foron", manifesta Verónica Prieto, bibliotecaria en Ourol.

O percorrido turístico inclúe a visita a dezasete enclaves que para moitos visitantes son todo un descubrimento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade