Soben os combustibles en plena operación saída de vacacións
A tendencia foi ascedente nos últimos quince días: a gasolina subiu arredor de 13 céntimos o litro
No diésel, os prezos ascenderon 21 céntimos en quince días
O motivo: a retirada progresiva da rebaixa fiscal impulsada polo Goberno para conter os prezos ante o impacto da guerra en Oriente Próximo
A operación saída de agosto comeza cos combustibles máis caros.
Para os que elixen o coche como medio de transporte para as vacacións atópanse este sábado cos carburantes encarecidos con polo menos 5 céntimos máis por litro, dependendo tamén da gasolineira na que repostar.
"Eu hoxe botei 50 euros e foron 26 litros máis ou menos, bastante caro"
"Paréceme moi disparatado", din algúns condutores, comentan uns condutores.
A tendencia foi ascedente nos últimos quince días: a gasolina subiu arredor de 13 céntimos o litro, pasando do 1,57 ao 1,70.
No diésel, os prezos ascenderon 21 céntimos en quince días, pasando de 1,59 a 1,80.
"Pos cen litros, sobre 180 euros enchelo, hai que dicirlles aos que mandan que son os que teñen que baixar os prezos", engade outro condutor
O motivo: a retirada progresiva da rebaixa fiscal impulsada polo Goberno para conter os prezos ante o impacto da guerra en Oriente Próximo.
Esa suba nas gasolineiras implica que un depósito medio de 55 litros pasará a custar 2,75 euros máis dun día para outro, coincidindo ademáis cunha das épocas con máis desprazamentos por estrada ante o inicio das vacaciones de verán para moitos.
"Terás que recurtar noutras cousa, pero claro, nesta época do ano é cando máis se move o coche", di un usuario.
En Galicia os movementos por estrada ascenderán aos 800.000, un movemento de vehículos que se vai ver especialmente afectado por los prezos dos combustibles, dos máis altos dos tres últimos meses.