O servizo pediátrico do CHUS recibe tres galardóns da Asociación Española de Pediatría
Os profesionais e investigadores do servizo que lidera Federico Martinón conseguiron dúas bolsas de investigación e o primeiro premio á mellor comunicación oral
Servizo de Pediatría do CHUS (TVG-Arquivo)
No servizo de Pediatría do CHUS están de parabéns: acaban de recibir 3 dos prinicipais premios no Congreso da Asociación Española de Pediatría.
O servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza fíxose con tres dos principais recoñecementos científicos outorgados na edición número 72 do congreso, celebrado en San Sebastián.
Os profesionais e investigadores do servizo que lidera Federico Martinón conseguiron dúas bolsas de investigación e o primeiro premio á mellor comunicación oral do congreso.
Os recoñecementos conseguidos en San Sebastián consolidan a traxectoria dun servizo, o de Pediatría do CHUS, líder en proxectos pioneiros en áreas como vacinas, infeccións respiratorias ou intelixencia artificial aplicada á saúde.