Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio forestal en Xermade con máis de 20 hectáreas queimadas

Activo un incendio forestal en Xermade con máis de 20 hectáreas queimadas

O incendio é na parroquia de Roupar, e nel traballan nas tarefas de extinción catro helicópteros, cinco avións, oito brigadas, sete motobombas, cinco axentes e dous técnicos

O Ministerio de Defensa informa de que enviou tres avións para colaborar na extinción

G24.gal 15/06/2026 20:03 Última actualización 16/06/2026 08:35

Un incendio atópase activo esta tarde de luns no municipio lucense de Xermade, onde calcina máis de 20 hectáreas, segundo estimación provisional da Consellería do Medio Rural.

O lume iniciouse na parroquia de Roupar ás 14,51 horas deste luns. Traballan nas tarefas de extinción: catro helicópteros, cinco avións, oito brigadas, sete motobombas, cinco axentes e dous técnicos.

ACTIVO un incendio forestal no concello lucense de Xermade, parroquia de Roupar, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada. #IFRouparXermade

O Ministerio de Defensa informa de que enviou tres avións apagalumes a Xermade para axudar nos labores de extinción, despois de intervir noutras provincias galegas. Informa de que están "moi pendentes" da situación en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade