Publicador de contidos

Publicador de contidos

En España xa se queimaron no que vai de ano preto de 187.000 hectáreas forestais

En España xa se queimaron no que vai de ano preto de 187.000 hectáreas forestais

A evolución do incendio forestal de Fermoselle, en Zamora, está a ser máis favorable este sábado

Castela e León mobiliza uns 90 millóns para a recuperación das zonas queimadas e os realoxos

G24.gal 01/08/2026 21:38

Son datos provisonais do Goberno, pero en España xa se queimaron no que vai de ano preto de 187.000 hectáreas forestais ata este 1 de agosto, isto fronte ás algo máis das 33.000 hectáreas no mesmo período do ano pasado. 

Estas son imaxes de Greenpeace. Documentan con imaxes aéreas a magnitude dos incendios forestais rexistrados en Toledo, Madrid, Ávila, Segovia e Guadalaxara.O panorama é desolador en moitos puntos de España.

A evolución do incendio forestal de Fermoselle (en Zamora) está a ser máis favorable este sábado, grazas aos traballos desenvolvidos durante a noite. O goberno autonómico rebaixou o seu grao de perigosidade, pero as previsións meteorolóxicas para a tarde volveron ser "desfavorables" para os labores de extinción. 

Esta fin de semana seguen varais frontes abertas. Castela e León mobiliza uns 90 millóns para a recuperación das zonas queimadas e os realoxos. A ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen,s tamén visitou o posto de mando para coñecer de primeira man a evolución da emerxencia.

En Estremadura un bombeiro sufriu queimaduras de segundo grao nun incendio forestal ocorrido este sábado no termo municipal de Granxa de Torrehermosa (en Badaxoz).

Os grandes incendios que afectaron as provincias de Ávila e de Madrid arrasaron dous dos espazos naturais de maior valor ecolóxico do centro peninsular, integrados na Rede Natura 2000.

En Cáceres, un camión ardendo na Autovía (A-66) provocou un incendio forestal declarando o nivel 1 de perigosidade por afectar ás estradas e á localidade de Grimaldo. Foi desaloxada pola proximidade das lapas.

Os bombeiros traballaron durante a noite refrescando a superficie queimada no lume de la Vall d'Uixó (Castellón), dado por estabilizado na tarde do venres. Deixa unhas 9.568 hectáreas queimadas. Os veciños comezan a regresar á normalidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade