Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un veciño de Narón, de 43 anos, en paradoiro descoñecido desde o sábado

Buscan un veciño de Narón, de 43 anos, en paradoiro descoñecido desde o sábado

Nada se sabe de Bruno González Mauriz desde a mañá do sábado

Ten complexión delgada, estatura media, pelo canoso e utiliza lentes

Os medios de busca piden axuda á cidadanía por se alguén ten algunha información sobre o seu paradoiro ou sobre o vehículo

 

Bruno González Mauriz Bruno González Mauriz
G24.gal 07/06/2026 19:48

Un amplo operativo de efectivos policiais e de emerxencias, xunto a familiares e amigos, buscan desde este sábado a Bruno González Mauriz, un veciño de Narón, A Coruña, de 43 anos cuxo paradoiro se descoñece desde a mañá do sábado, 6 de xuño.

O desaparecido é coñecido na localidade, xa que é un dos asesores do goberno municipal de Narón, alén de ser colaborador en varias entidades do municipio. Ten complexión delgada, estatura media, pelo canoso e utiliza lentes.

No operativo participan efectivos da Policía Nacional, Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil de Narón. Deste xeito, tamén tratan de localizar o seu vehículo, un Opel Corsa de cor gris, para poder reconstruír os seus últimos movementos.

Este sábado tiña previsto acudir a varios dos seus compromisos, pero non o fixo. Os medios de procura pediron axuda á cidadanía por se alguén ten algunha información sobre o seu paradoiro ou sobre o vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade