Ascenden a 43 os feridos no accidente do autobús que impactou contra un edificio en Lleida
Catro persoas permanecen en estado crítico
O número de feridos no accidente dun autobús rexistrado este mércores en Lleida ascendeu a 43, segundo a útima actualización do Sistema d´ Emegències Mèdiques (SEM). Catro persoas permanecen en estado crítico e outras sete presentan feridas de consideración.
Os afectados foron trasladados, na súa maioría, ao Hospital Arnau de Vilanova da capital ilerdense. Ademais, dos once feridos graves, outras 32 persoas sufriron lesións leves, aínda que algunhas delas non precisaron traslado a centros sanitarios.
O autobús impactou contra a fachada dun edificio na Rambla Ferran. Ata o lugar desprazáronse 11 unidades do SEM, un helicóptero medicalizado e un equipo de psicólogos para atender as vítimas e os seus familiares.
Os Bombers de la Generalitat mobilizaron 14 dotacións para evacuar os ocupantes do vehículo, asegurar a zona nas tarefas de asistencia aos feridos.
O presidente da Generalitat Salvador Illa trasladou o seu apoio ás vítimas e ás súas familias e agradeceu o labor desenvolvido polos equipos de emerxencias.