Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas mulleres mortas e seis feridas no incendio dun club na localidade leridana de Bellpuig

Dúas mulleres mortas e seis feridas no incendio dun club na localidade leridana de Bellpuig

Os investigadores descoñecen polo momento a idade e a identidade das vítimas

O club está situado na rúa Lleida do concello de Bellpuig
G24.gal 26/07/2025 19:41

Arredor das nove e media da mañá deste sábado os bombeiros foron advertidos dun incendio no interior dun edificio situado na rúa Lleida, no concello de Bellpuig. No edificio afectado estaba o club nocturno "Estrellas", onde traballaban polo menos dez persoas.

Os vinte bombeiros desprazados ao lugar rescataron oito persoas do interior, dúas delas mortas. Outras seis persoas foron evacuadas aos hospitais da zona, unha delas grave e as cinco restantes con feridas de menor entidade.

A alcaldesa accidental de Bellpuig afirmou que o club funcionaba con toda a documentación en orde. O concello decretou un día de loito oficial, como mostra de pésame ás familias das vítimas.

Os Mossos d,Esquadra investigan a relación do suceso coa morte dun home na zona media hora despois

Os investigadores din que polo momento descoñecen a idade e a identidade das vítimas.
A policía autonómica catalana, os Mossos d,Esquadra, investigan as causas do incendio, e tratan de averiguar se está relacionado coa morte dun home, atropelado media hora despois polo tren nun paso non autorizado e próximo ao clube queimado
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade