Cargando resultados...
Arde o salón dunha casa en Noia e toda a vivenda queda afectada polo fume
Non se rexistrou ningún ferido
O incendio ocorreu por un cigarro que quedou sen apagar
G24.gal
06/09/2026 09:06
Durante a madrugada deste domingo unha casa comezou a arder en Noia, arredor das 06:52 da mañá.
O inmoble sitúase na Chaínza, na rúa Camiño Sacramental.
Concretamente o incendio iniciouse no salón da casa, e estendeuse o fume por toda a vivenda.
Non se rexistrou ningún ferido, xa que o único ocupante da casa deuse conta do lume a tempo.
Ata o lugar achegáronse os Bombeiros de Boiro, os Bombeiros de Ribeira, o GES de Noia e a Garda Civil.
Segundo os servizos de extinción, incendio ocorreu por un cigarro que quedou sen apagar.
Imaxe cedida polos Bombeiros de Boiro