Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Laraño denuncian a reactivación dun punto de venda de droga nunha vivenda desta parroquia compostelá

Veciños de Laraño denuncian a reactivación dun punto de venda de droga nunha vivenda desta parroquia compostelá

Detiveron un home e incautáronse dunhas 300 doses de heroína e 100 de cocaína, cartos en efectivo, material para a manipulación dos estupefacientes e unha pistola de balotes

O detido quedou en liberdade tras prestar declaración e os veciños aseguran que retomou a actividade ao pouco

Na imaxe, a vivenda sinalada polos veciños de Laraño como punto de venda de droga na aldea de Pardiñas
G24.gal 20/10/2026 14:12

A escena que fixo saltar as alarmas de novo entre os veciños da parroquia compostelá de Laraño sucedeu o domingo. Atoparon un home tirado na beirarrúa cunha xiringa ao carón, supostamente baixo os efectos da droga que acababa de mercar e consumir nunha vivenda próxima. Unha casa que sinalan como un dos puntos de venda de estupefacientes máis importantes de Santiago, como explica Xulio Luís Fernández, presidente da Asociación de veciños A Xunlla de Laraño.

A casa xa foi escenario dunha redada policial hai un ano. Detiveron un home e incautáronse dunhas 300 doses de heroína e 100 de cocaína, cartos en efectivo, material para a manipulación dos estupefacientes e unha pistola de balotes. O detido quedou en liberdade tras prestar declaración e os veciños aseguran que retomou a actividade ao pouco.

Desde a asociación de veciños de Laraño teñen documentado o continuo movemento de coches e persoas que acoden mercar droga a esta vivenda. Denuncian que mesmo chegaron a utilizar a marquesiña do autobús como punto de venda. Pero á hora de denuncialo publicamente, os residentes na zona non se atreven por medo a represalias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade