Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional detén os responsables dun punto negro de venda de droga na Coruña

A Policía Nacional detén os responsables dun punto negro de venda de droga na Coruña

Ambos os dous arrestados pasaron a disposición xudicial e un deles está xa en prisión provisional

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 14/10/2026 10:31

A Policía Nacional detivo o pasado venres na Coruña dous homes como autores de senllos delitos contra a saúde pública, e desartellou ademais un punto de venda de substancias estupefacientes.

A colaboración cidadá permitiu o inicio dunha investigación desenvolvida pola Policía Nacional en relación a un domicilio na rúa Alcalde Lens, onde se podería distribuír substancias estupefacientes.

Finalmente, na mañá do pasado venres, activouse un operativo que culminou coa detención de dous homes e co rexistro da mencionada vivenda.

Esta intervención permitiu o comiso de distintas substancias (cocaína e haxix) así como diñeiro en efectivo. Comprobouse ademais que o piso contaba cunha zona para a preparación e elaboración de doses de droga, útiles empregados para a súa adulteración, pesada e distribución.

Así mesmo, os axentes localizaron numerosos efectos que poderían ter unha procedencia ilícita, desde un patinete eléctrico e ferramentas, a 15 teléfonos móbiles e unha tableta, de todos os cales se continuarán xestións para identificar os seus propietarios.

As dúas persoas detidas pola Policía Nacional foron postas á disposición xudicial na mañá do sábado, ordenando a Autoridade Xudicial o inmediato ingreso en prisión do principal investigado.

A Policía Nacional dá así por desmantelado este punto de venda de droga no
barrio coruñés do Agra do Orzán e destaca a participación e colaboración cidadá, fundamental para o desenvolvemento do dispositivo, poñendo ao dispor dos cidadáns novamente o correo electrónico antidroga@policia.es.

Este correo permite comunicar, de forma totalmente anónima, confidencial e segura, a información relacionada co tráfico de drogas, a venda polo miúdo e os  puntos de venda de droga ou o crime organizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade