Cargando resultados...
Atropelan un neno de 11 anos cando cruzaba por un paso de peóns en Santiago
O menor permanece ingresado no hospital con feridas nunha perna
G24.gal
14/10/2026 11:11
Un neno de 11 anos resultou ferido en Santiago despois de ser atropelado nun paso de peóns. Sucedeu este martes na Costa de San Domingos, cando o rapaz saía do colexio. O menor cruzaba polo paso de peóns cando un coche lle pasou por riba dunha perna. Foi trasladado ao hospital onde permanece ingresado.
A zona en que tivo lugar ou sinistro someteuse recentemente a un redeseño do tráfico que se atopa, segundo fontes municipais, en fase de probas. Un cambio na circulación que está a xerar opinións a favor e en contra, tanto da veciñanza como da comunidade educativa do barrio.