O Goberno concede a Gran Cruz de Carlos III ao expresidente da Xunta Fernández Albor
Recóllese no decreto publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE)
Imaxe de arquivo de Gerardo Fernández Albor en Santiago con Feijóo (EUROPA PRESS)
O Consello de Ministros acordou na súa reunión deste martes conceder a Gran Cruz da Orde de Carlos III a título póstumo ao expresidente do Goberno galego Gerardo Fernánde Albor.
Así o recolle o decreto publicado este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), que inclúe a concesión desta distinción a outros expresidentes autonómicos.
Nacido en Santiago de Compostela en 1917 e falecido en 2018, médico de profesión, ocupou a presidencia da Xunta, na súa etapa como político, desde xaneiro do 1982 ata setembro de 1987.
A súa actividade política exerceuna primeiro en Alianza Popular e máis tarde no PP. Foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia e, posteriormente, foi tamén deputado do Parlamento europeo.