Cargando resultados...
O incendio dun coche obriga a cortar a rúa Curros Enríquez da Coruña
Ata a zona desprazáronse os bombeiros do parque da Grela e varias patrullas de Policía Local
Afortunadamente, non houbo feridos
G24.gal
14/10/2026 12:35
Un incendio rexistrado na mañá deste mércores nun vehículo obrigou a cortar temporalmente a rúa Curros Enríquez da cidade da Coruña, debido á intensa fumareda e tamén para que os Bombeiros puidesen desenvolver o seu labor.
Segundo informaron fontes de emerxencias, o aviso recibiuse pouco antes das 8:00 horas, informando de que ardía a parte dianteira dun vehículo na rúa Curros Enríquez.
Ata a zona desprazáronse os Bombeiros do parque da Grela e varias patrullas de Policía Local.
Afortunadamente, non houbo feridos.