Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avalían o estado do edificio que sufriu unha explosión de gas en Santiago

Avalían o estado do edificio que sufriu unha explosión de gas en Santiago

O estoupido afectou os edificios lindeiros, que foron desaloxados

A explosión produciuse ás 18:45 horas deste sábado no número 76 da rúa Vista Alegre

Os bombeiros de Santiago chegando ao número 76 da rúa Vista Alegre de Santiago, este sábado
G24.gal 31/01/2026 19:55 Última actualización 01/02/2026 12:24

Bombeiros, policía e técnicos municipais están a avaliar o estado do edificio de Vista Alegre, en Santiago, que sufriu unha explosión de gas na tarde deste sábado. Por mor do suceso un home resultou ferido de consideración e foi trasladado ao hospital.

A explosión produciuse nun inmoble de dúas plantas de Vista Alegre, ao redor das 19:00 horas do sábado, e os veciños dos dous edificios lindeiros foron desaloxados por precaución.

Segundo fontes municipais, está a realizarse unha inspección para comprobar se pode haber máis danos estruturais derivados da explosión.

Actualmente, continúan desaloxadas dúas persoas, unha delas pola súa conta e outra reacollida polo Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade