Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados un menor que quedou á valga nunha táboa de pádel surf en Boiro e unha moto acuática en Cangas

Rescatados un menor que quedou á valga nunha táboa de pádel surf en Boiro e unha moto acuática en Cangas

A embarcación Ría de Vigo conseguiu rescatar o menor; utra embarcación recolleu unha das persoas que se lanzaran ao mar para axudalo, mentres que a outra logrou regresar á costa polos seus propios medios

O piloto da moto tamén foi rescatado san e salvo

Rescate dunha moto acuática en Cangas (Salvamento Marítimo) Rescate dunha moto acuática en Cangas (Salvamento Marítimo)
G24.gal 30/06/2026 19:35

Os servizos de emerxencias rescataron na tarde deste martes un menor que quedara á valga nunha táboa de pádel surf na praia de Barraña, en Boiro.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso ao redor das 16:30 horas, despois de que un particular alertase de que un menor tiña dificultades para regresar á costa mentres practicaba pádel surf na praia de Barraña. A testemuña apuntou que a corrente o afastaba cada vez máis da beira.

Nese momento, dúas persoas introducíronse no mar coa intención de socorrelo, pero non conseguiron chegar ata el.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención no operativo de Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Ademais, mantívose contacto permanente cos socorristas da praia.

Ata o lugar desprazáronse o helicóptero de rescate Pesca I e a embarcación auxiliar Ría de Vigo, ambos de Gardacostas de Galicia.

Finalmente, foi a embarcación Ría de Vigo a que conseguiu rescatar o menor. Outra embarcación recolleu unha das persoas que se lanzaran ao mar para axudalo, mentres que a outra logrou regresar á costa polos seus propios medios. Todos se atopaban en bo estado.

Tamén na tarde deste martes, a Salvamar Mirach, mobilizada por CCS Fisterra, remolcou unha moto acuática que quedara á valga preto da praia de Areamilla (Cangas).

Tras embarcar o tripulante a bordo da Salvamar, remolcaron a moto ata o peirao de Marina Davila Sport.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade