Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barbadás acumula este mes de xuño catro avisos pola aparición de serpes en espazos habitados

Barbadás acumula este mes de xuño catro avisos pola aparición de serpes en espazos habitados

Tras a recollida do animal, libérase nunha área forestal lonxe das vivendas

G24.gal 30/06/2026 16:56 Última actualización 30/06/2026 17:02

Durante o mes de xuño no concello de Barbadás houbo catro avisos pola aparición de serpes en piscinas, baixos ou garaxes en distintas zonas do concello.

Os dous últimos foron no mesmo día. Dende o servizo de emerxencias lembran que malia non ser perigosas non debemos manipulalas, se non marchan pola súa conta o mellor é avisar o 112.

Foi neste edificio da avenida de Celanova, no límite entre Ourense e Barbadás onde deron o último aviso. Varias veciñas atoparon unha serpe cando baixaron ao garaxe. O animal quedara enredado nunha das ventás de ventilación. Foron os servizos de emerxencia os que se encargaron da súa retirada.

Este foi o cuarto aviso do mes de xuño: atopáronas en piscinas, baixos e garaxes. Algo que din non é especialmente raro nesta época do ano. Coidan que algunhas chegaron polos sumidoiros ou as tubaxes en zonas con auga ou maleza preto. Malia ser en principio inofensivas, os máis aseguran que preferirían evitar o encontro.

Dende os servizos de emerxencia lembran que se nos atopamos cunha serpe non é preciso matala. Tras a recollida do animal, libérase nunha área forestal lonxe das zonas habitadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade