Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrinca, sen incidencias, a PAU extraordinaria en Galicia con 2.916 alumnos matriculados en 15 sedes

Arrinca, sen incidencias, a PAU extraordinaria en Galicia con 2.916 alumnos matriculados en 15 sedes

"Todo está preparado para que as probas se desenvolvan con normalidade, equidade e coas máximas garantías", asegurou a CIUG nun comunicado

Fronte á polémica suscitada polos erros en varios exercicios da convocatoria ordinaria, esta primeira xornada transcorreu sen incidencias nas preguntas dos exames

Vigo é a sede onde se examinan máis estudantes, en total 711, séguenlle A Coruña con 555 matriculados e Santiago de Compostela con 528

TVG TVG
G24.gal 30/06/2026 20:16

A convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) congrega desde este martes e ata o xoves a 2.916 estudantes en 15 sedes repartidas polas catro provincias galegas, segundo os datos difundidos pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

A CIUG agradeceu e recoñeceu "o esforzo e o traballo realizado por todas as persoas implicadas neste proceso", desde o profesorado, ao persoal de administración e de servizos, ata as comisións delegadas e colaboradores.

A Comisión Interuniversitaria de Galicia salienta a actitude respectuosa dos estudantes 

"Todo está preparado para que as probas se desenvolvan con normalidade, equidade e coas máximas garantías", insistiu a CIUG nun comunicado.

Con todo, a Comisión Interuniversitaria agradeceu especialmente "a actitude respectuosa que sempre mostra o alumnado favorecendo o correcto desenvolvemento das probas" e reiterou o seu compromiso cunha universidade pública "de calidade e accesible a toda a sociedade".

Vigo, con 711 matriculados, onde se examinarán máis estudantes  

Por volume de alumnos, destacan as sedes de Vigo, que suman 711 estudantes repartidos entre a Facultade de Filoloxía e Tradución (245), o Edificio de Ciencias Experimentais (239) e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación (227).

Séguenlle A Coruña con 555 matriculados e Santiago de Compostela con 528 alumnos entre os seus dous centros asignados.

No resto da comunidade, a afluencia distribúese do seguinte xeito: Pontevedra (352), Ourense (275), Lugo (231) e Ferrol (172). Así mesmo, habilitáronse centros en localidades como Viveiro (39), A Rúa (37) e Cee (16) para facilitar a realización dos exames.

Sen incidencias nesta primeira xornada 

Fronte á polémica suscitada polos erros en varios exercicios da  convocatoria ordinaria, esta primeira xornada transcorreu sen incidencias nas preguntas dos exames. 

A maior parte dos matriculados preséntase por primeira vez tras superar algunha materia pendente do bacharelato, mentres que outros  repiten materias  para mellorar as cualificacións obtidas na convocatoria ordinaria. As notas provisionais publicaranse o 9 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade