Publicador de contidos

Publicador de contidos

No barrio de Canido en Vigo queren que se restaure a vella estación do tranvía

No barrio de Canido en Vigo queren que se restaure a vella estación do tranvía

O vello medio de transporte aínda queda na memoria dos vigueses máis veteranos

G24.gal 30/06/2026 21:22 Última actualización 30/06/2026 23:14

O tranvía de Vigo marcou a toda unha xeración de vigueses moitos lembran aínda as súas liñas e osvehículos como o mítico Siboney.

58 anos despois aínda quedan pequenos resquicios del. As dúas estacións  de Coruxo e de Canido. Os veciños deste último barrio pelexan pola continuidade do vello edificio que aínda que está en ruínas aínda conserva a fasquía orixinal.

Máis de cen anos ten esta icónica edificación que os veciños teiman en que se conserve como se fixo coa de Coruxo.

Para Carmen Romero é unha cuestión  persoal. Hai anos estaba incluída nunha urbanización e pensaban botala abaixo. Agora xa é patrimonio público.

Carmen ideou unha campaña simpática cunha lona: Abel corazón aposta pola restauración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade