Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan con drons un ancián con problemas de mobilidade que desapareceu en Cangas

Buscan con drons un ancián con problemas de mobilidade que desapareceu en Cangas

O octoxenario abandonou o seu domicilio ás 5 da madrugada e a súa familia non volveu saber del

O home padece problemas de saúde que lle dificultan camiñar, polo que podería atoparse preto da casa

G24.gal 14/08/2026 20:53

A Axencia Galega de Emerxencias busca con drons un ancián con problemas de mobilidade que desapareceu en Cangas de Morrazo.

O 112 Galicia explica que a achega de drons responde a unha petición dos axentes da Garda Civil, que desde a mañá deste venres buscaba o desaparecido na parroquia do Hío.

O octoxenario abandonou o seu domicilio ás 5 da madrugada e a súa familia non volveu a saber del. O home padece problemas de saúde que posiblemente lle dificulten camiñar, polo que podería atoparse preto do domicilio.

Nesta procura tamén están a colaborar os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade