Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Huesca ameaza o berce histórico de Aragón

O incendio de Huesca ameaza o berce histórico de Aragón

O lume cerca o mosteiro de San Juan de la Peña e obriga a evacuar varias pezas de alto valor histórico

Entre os restos postos  a bo recaudo, os ósos dos primeiros reis de Aragón

 

 

G24.gal 14/08/2026 21:25 Última actualización 14/08/2026 21:35

O lume achégase á pradeira de San Indalecio e os aragoneses conteñen a respiración. Na cima desta colina alzase a cuna do reino de Aragón, o mosteiro de San Juan de la Peña, do século XI.

Efectivos da UME tiveron que improvisar un rescate de urxencia do seu rico patrimonio histórico: recubriron de material ignífugo os capiteis románicos, sacaron cálices, cadros, imaxes e indumentaria de alto valor artístico. E tamén os restos dos 3 primeiros reis de Aragón, que descansan agora no Museo de Huesca.

Finalmente, un oportuno vento desviou as lapas do santuario. O único dano foi o do portón que houbo que derrubar para acceder a cripta. O lume que comezou hai cinco días en Peña de Riglos segue fóra de control: xa calcinou 10.000 hectáreas. Neste polideportivo de Ayerbe están aloxadas as case 900 persoas evacuadas dunha ducia de localidades.

"As catro da mañá, sacar xente de oitenta anos da cama, para min foi tremendo", contaba un membro de Protección Civil. Un dols evacuados relata que "había lume preto do pobo xa, non era moi perigoso, pero achegábase".

Os bombeiros confían en que a baixada de temperaturas e a previsión de chuvia para este sábado axude a apgar as lapas. Ademais deste incendio, hoxe declarouse outro na localidade zaragozana de Almonacid de la Sierra que obrigou a confinar o concello de Alpartir. 

En Huelva, a situación tamén é moi delicada. O incendio que comezou o luns en Niebla frea o seu progreso no norte pero avanza cara a localidade sevillana de Aznalcollar. Estímase que a superficie queimada se achega as 38.000 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade