Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activado o aviso vermello por calor este sábado no interior de Pontevedra

Activado o aviso vermello por calor este sábado no interior de Pontevedra

O nivel de alerta laranxa estará activo na zona do Miño de Ourense, montaña de Ourense, Rías Baixas e Valdeorras

Unha fronte pouca activo rozará o norte da comunidade e traerá ceos cubertos e choivas que se irán disipando a partir do mediodía ​​

G24.gal 14/08/2026 18:09 Última actualización 14/08/2026 18:42

A Xunta activou o aviso de nivel vermello por calor no interior de Pontevedra durante este sábado e o nivel de aviso laranxa estará activo na zona do Miño de Ourense, montaña de Ourense, Rías Baixas e Valdeorras. Este protocolo sae dos datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia.

Durante as primeiras horas do sábado unha fronte pouca activo rozará o norte da comunidade e traerá ceos cubertos e choivas que se irán disipando a partir do mediodía.

A entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera deixará un aumento da inestabilidade, con formación de nubes de tormenta a partir da media tarde e chuvascos máis probables nas montañas de Ourense e de Lugo.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso.

O vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade