Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría deixa Ourense e varias comarcas da provincia sen Internet e teléfono fixo

Unha avaría deixa Ourense e varias comarcas da provincia sen Internet e teléfono fixo

Os clientes de R son os que están sen servizo desde a noite deste xoves

A compañía informou que traballa para solucionar o problema "o antes posible" 

G24.gal 14/08/2026 16:04

Moitos veciños de Ourense, clientes de R, están tendo problemas este venres co seu teléfono móbil porque aínda que poden facer chamadas os datos non funcionan ou van moi lentos. Tamén están sen teléfono fixo e servizo de Internet.

Os problemas afectan a Cidade das Burgas e tamén clientes de R das comarcas de Celanova, Trives, Valdeorras ou O carballiño, e tanto particulares como empresas.

Os problemas débense, segundo informou a propia compañía, a unha avaría na rede de telecomunicacións.

R comunicou que se está traballando para recuperar o servizo "o antes posible". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade