Publicador de contidos

Publicador de contidos

Google fai 28 anos; máis aló dun buscador imprescindible

Google fai 28 anos; máis aló dun buscador imprescindible

Desde o famoso buscador a empresa foise diversificando no desenvolvemento de múltiples ferramentas en liña

G24.gal 04/09/2026 14:13 Última actualización 04/09/2026 14:39

Vinte e oito anos pasaron desde que Larry Page e Sergey Brin discorrían, nun pequeno garaxe alugado en California, a que hoxe é unha das empresas máis poderosas do planeta. Tres semanas despois nacía o buscador que se foi convertendo nunha ferramenta imprescindible da sociedade da información.

Ao longo destas tres décadas, a empresa foise diversificando, ampliando os servizos en liña. Google Earth, Street View, Gmail... ata o salto á intelixencia artificial. Unha revolución dixital de tal calibre que fai difícil retrotraerse á vida antes de Google.

A traxectoria da empresa, e a súa cultura corporativa de traballadores felices, valeulle recoñecementos coma o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2008. Pero tamén sancións millonarias por vulnerar a protección de datos e a libre competencia.

Case trinta anos dunha vertixinosa e controvertida historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade