Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega o primeiro temporal do outono, con alerta laranxa no litoral e avisos por chuvia para este martes

Chega o primeiro temporal do outono, con alerta laranxa no litoral e avisos por chuvia para este martes

Aemet activa este martes o aviso no litoral oeste da Coruña e MeteoGalicia esténdeo a toda a costa de Pontevedra

Meteogalicia tamén activou un aviso por chuvia no interior da provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da da Coruña

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 28/09/2026 18:12 Última actualización 28/09/2026 18:35

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta laranxa no litoral oeste da Coruña por fenómenos costeiros para este martes. O aviso afectará ao litoral oeste da provincia desde media mañá. Espéranse, ao redor de Fisterra, vento do sur que poderían superar os 70 quilómetros hora.

 

MeteoGalicia amplía a zona en aviso laranxa. Ao litoral oeste da Coruña engade toda a costa de Pontevedra. A alerta é por mar de vento.

Non son os únicos avisos activos. Ademais, practicamente toda Galicia quedará este martes en aviso amarelo por vento. Só se libra unha parte da provincia de Ourense. MeteoGalicia activa outra alerta máis, será por chuvia no interior da provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade