A Garda Civil busca os autores da pintada na igrexa de San Bieito de Cambados
O párroco denunciou o acto vandálico ante as autoridades
Trátase dun atentado contra un BIC, polo que a multa podería chegar aos 150.000 euros
Os técnicos do Concello avalían os danos, mentres trataban de descifrar o significado das letras, pintadas con spray sobre granito do seculo XVIII
Tristeza e indignación en Cambados. Alguén usou como lenzo a fachada dun dos seus monumentos máis queridos.
O párroco xa puxo denuncia ante as autoridades. Non cre que se trate dun ataque concreto contra a igrexa, pero si dun atentado contra o patrimonio que non debe quedar impune.
Os técnicos do Concello avaliaban este luns os danos mentres trataban de descifrar o significado das letras, pintadas con spray sobre granito do seculo XVIII.
Diga o que diga o escrito, limpalo non será rápido nin barato. Estamos ante un Ben de Interese Cultural e cómpre actuar cun proxecto especial e máxima delicadeza.
Os culpables poderían afrontar unha multa de ata 150.000 euros. Pero non será doado dar con eles e alguén terá que facerse cargo de limpar a desfeita. Por iso, fan un chamamento ao civismo, xa que éste non é a primeiro atentado grave que se produce contra o patrimonio en Cambados.