Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil pide comisar o coche dun mugardés interceptado 13 veces por conducir sen carné

A Garda Civil pide comisar o coche dun mugardés interceptado 13 veces por conducir sen carné

O condutor, de 48 anos, leva pilotando sen permiso desde 2014, cando perdeu todos os puntos

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 24/07/2026 09:47 Última actualización 24/07/2026 10:12

A Garda Civil solicitou o comiso do coche dun home de Mugardos despois de ser investigado en trece ocasiones por conducir sen permiso, a última delas no marco da recente campaña especial de vixilancia e control de velocidade que a Dirección Xeral de Tráfico realiza cada verán.

O home, de 48 anos e multirreincidente, está acusado dun presunto delito contra a seguridade viaria por conducir sen carné.

Cando os axentes o localizaron, na estrada DP-3605, en Ferrol, comprobaron que o seu permiso levaba sen vixencia desde 2014, cando perdeu todos os puntos do carné. O condutor deu ademais positivo en cocaína, opiáceos e cannabis.

A benemérita xustifica a inmobilización do vehículo pola reiteración desta conduta delituosa e o grave risco que supón para a seguridade viaria. Ademais, solicita ao xulgado o comiso do coche co obxectivo de impedir que continúe utilizándoo para delinquir e poñer en perigo o resto de usuarios da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade