Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil frustra unha ciberestafa de máis de 8.000 euros ao Concello das Neves

A Garda Civil frustra unha ciberestafa de máis de 8.000 euros ao Concello das Neves

Os cartos foron recuperados e identificouse ao autor do ciberataque ainda que está en paradoiro descoñecido 

Para cometer o delito empregáronse técnicas de enxeñería social para facerse co control dunha conta de correo electrónico lexítima e suplantar a identidade dun provedor do Concello

Edificio consistorial das Neves. Concello das Neves Edificio consistorial das Neves. Concello das Neves
G24.gal 24/07/2026 16:08

A Garda Civil recuperou máis de 8.000 euros que foran estafados ao Concello das Neves e identificou ao presunto autor do ciberataque que permitiu desviar un pago municipal mediante a suplantación dun provedor oficial.

A actuación, sinala un comunicado este venres, remóntase a uns feitos ocorridos en marzo de 2025, cando a administración local foi vítima dunha estafa informática do tipo BEC (Business Email Compromise).

Segundo informou o Instituto Armado, os ciberdelincuentes empregaron técnicas de enxeñería social para facerse co control dunha conta de correo electrónico lexítima e suplantar a identidade dun provedor do Concello.

Desviaron un pago programado a unha conta da organización criminal 

Deste xeito, lograron desviar un pago programado cara a unha conta bancaria controlada pola organización criminal.

A rápida intervención dos investigadores permitiu bloquear a transferencia fraudulenta e recuperar integramente o diñeiro público antes de que os autores puidesen dispoñer del.

Tras a análise tecnolóxica levada a cabo durante a investigación, a Garda Civil logrou identificar ao presunto responsable dos feitos, un cidadán de nacionalidade nixeriana cuxo último domicilio coñecido atópase na provincia de Málaga e que actualmente se acha en paradoiro descoñecido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade