Retoman a circulación na A-54 na Lavacolla tras cortar a autovía por un accidente
O sinistro produciuse no quilómetro 85 da autovía en sentido Lugo
Outro accidente, na A-52 en Outariz, está a complicar a circulación na contorna de Ourense, con ata un quilómetro de retencións
Un accidente múltiple na autovía A-54 á altura da Lavacolla, en Santiago, ocorrido a primeira hora deste venres, provocou o corte da circulación nesta vía de alta capacidade en dirección Lugo durante máis dunha hora.
📢⚫️Cortada en A Coruña la A-54 en Santiago de Compostela, por un siniestro.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) September 11, 2026
➡️Sentido Lugo.
➡️ Incidente en el P.K 85. pic.twitter.com/khZjhiTUAh
O tránsito foi desviado na saída da autovía a altura do aeroporto para poder continuar a circulación na seguinte saída. Contra as 9:40 recupersouse a normal circulación neste punto.
Accidente en Ourense
Ademais, outro sinistro na A-52 en Outariz, está a complicar a circulación na contorna de Ourense, con ata un quilómetro de retencións.
📢🔴En Ourense, un accidente complica la A-52 en el entorno de Outariz, sentido Vigo.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) September 11, 2026
➡️Incidente en el P.K 231.
➡️ Hasta 1 km de retenciones. pic.twitter.com/SDremgPbIm