Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duplica a taxa de alcolemia tras bater cunha árbore, un farol e un coche recén estreado

Duplica a taxa de alcolemia tras bater cunha árbore, un farol e un coche recén estreado

O condutor deu 0'58 en alcol, o dobre do permitido, tras o sinistro no que resultou ferida a acompañante

Freou ao bater contra un Tesla que tiña tres meses e que estaba aparcado enfronte da casa dos donos

G24.gal 08/09/2026 14:10

O golpe foi brutal e o ruído pódese imaxinar. O condutor perdeu o control do volante, bateu contra o gardarraíl e despois percorreu varios metros sen control, arramplando con todo canto atopou ao seu paso. Deu co tronco dunha iuca, tirou un farol e finalmente conseguiu parar cando golpeou un Tesla que estaba aparcado e que aínda cheiraba a novo, un coche que tiña apenas tres meses. Os donos, que viven xusto en fronte, seguen en shock.

Malia o caos, todo apunta a que o condutor non foi quen de reaccionar porque no asfalto non se aprecian marcas de freada nin de cambio de dirección. Quizais porque todo ocorreu en segundos e quizais porque o home duplicaba a taxa de alcolemia: 0'58, máis do dobre do 0'25 permitido. Unha cantidade de alcol que diminúe os tempos de reacción, a coordinación de movementos e que mesmo altera o cálculo das distancias.

A súa acompañante foi a que saíu peor parada, xa que todo o golpe foi do seu lado. Foi trasladada a un centro hospitalario, aínda que a priori sen feridas de gravidade. 

Especúlase que a parella viña da Festa da Peras de Pontedeume que empezaron onte. Ían cara a Miño, pero frearon en Caldagueiro, na parte traseira do Tesla aparcado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade