Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a marea rosa á Coruña

Volve a marea rosa á Coruña

As mulleres volven calzar as zapatillas de deporte para a Carreira da Muller do vindeiro 27 de setembro

Carreira da Muller, o envento deportivo e solidario máis grande de Europa
G24.gal 08/09/2026 14:59

Son mulleres de todas as idades que un día ao ano se xuntan para correr por unha causa solidaria. A Carreira da Muller foi para moitas o acercamento a un deporte do que non se apearon nos 14 anos que leva celebrándose na Coruña. O importante é empezar pouco a pouco.

"E ver que pouco a pouco vas correndo e, cando te decatas, nun mes xa corres 5 quilómetros", apunta Inés Papín, corredora popular. 

Hoxe son apaixonadas do running.

"Para min é vida, é un sopro de aire e de felicidade", continúa.

"É un estilo de vida, é unha forma de estar no mundo e un xeito de estar sa, de coidarme a nivel físico e a nivel emocional", engade a súa irmá Noelia, tamén corredora

"Correndo síntome como moi libre, moi ben, e en carreiras é como que voo", explica a corredora Nerea Sánchez.

Non hai unha idade para empezar, so hai que adaptar a nutrición e os adestramentos a cada etapa da vida. Diso falaron este martes nunha xuntanza para presentar a carreira deste ano que se vai celebrar o vindeiro 27 de setembro. Dende un enfoque feminino falaron de benestar e saúde.

"Podo correr, podo saltar, podo subir escaleiras, encóntrome ben, descanso ben, non me doen os ósos".

"Iso é evidente, pero tamén psicolóxico, vaia, ao final abriume como un mundo social tamén", conclúen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade