Un condutor foxe da policía e voa sobre unhas escaleiras peonís no centro de Vigo
Case atropela dúas rapazas que estaban sentadas alí de madrugada
Persecución de película en Vigo. Un mozo de 27 anos acabou saltando co coche por unhas escaleiras da rúa Joaquín Loriga de Vigo, no centro da cidade, fuxindo da policía. Non houbo feridos, pero unhas rapazas levaron un bo susto.
Previamente accedeu a unha rotonda da rúa Venezuela sen respectar o paso de peóns. Unha patrulla policial deulle o alto e entón marchou a toda velocidade. Eran as seis da mañá e afortunadamente as terrazas non estaban montadas nin pasaba ninguén pola rúa. Só había dúas rapazas sentadas nas escaleiras, que levaron un susto de morte.
Segundo testemuñas presenciais, tres dotacións policiais estábano agardando ao pé das escaleiras na rúa Ecuador, fixeronlle a proba de alcoholemia e levárono esposado. Foi unha fuxida ao máis puro estilo dos descensos do Marisquiño, pero en coche. Ninguén se explica como puido salvar os bolardos e baixar con tanta precisión, algún mesmo bromea conque se o intentas polas boas non che sae.
O condutor está agora acusado dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria.