Cargando resultados...
Feridas tres persoas nun accidente múltiple en Tomiño
O suceso tivo lugar pouco despois das cinco da tarde na PO-552 e nel víronse implicados tres vehículos
G24.gal
04/09/2026 19:11
Tres persoas resultaron feridas nun accidente múltiple ocorrido este venres en Forcadela, en Tomiño.
O suceso tivo lugar pouco despois das cinco da tarde na PO-552 e nel víronse implicados tres vehículos.
Os coches chocaron entre eles por causas que se descoñecen. Os feridos son os tres condutores. Todos tiveron que ser trasladados ao hospital.
O sinistro obrigou a desviar a circulación en sentido Tui.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño, GES da Guarda, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Tomiño.