Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca que o Camiño Portugués da Costa é o que máis medra

Rueda destaca que o Camiño Portugués da Costa é o que máis medra

79.000 peregrinos desa ruta recolleron a Compostela no que vai de ano, o que supón un 25 % máis que no 2025

Alfonso Rueda resaltou tamén que esta ruta é un bo exemplo da desestacionalización e da internacionalización do Camiño de Santiago

G24.gal 10/09/2026 21:28

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que o Camiño Portugués da Costa é a ruta xacobea que máis medra, con 79.000 peregrinos que recolleron a Compostela no que vai de ano, o que supón un 25 % máis que no 2025.

Díxoo tras recibir en Baiona a Medalla ao Mérito do Camiño Portugués da Costa, no nome da Xunta, coa que o Concello recoñece o traballo realizado polo Goberno autonómico para oficializar esta ruta no 2016, así como os investimentos en sinalización, conservación e promoción.

Hai unha década escolleron esta ruta, que atravesa A Guarda, Oia, Baiona e Vigo ata unirse en Redondela co Portugués interior, 2.600 peregrinos. No 2025 foron 90.000 e no que levamos de ano máis de 79.000, o que apunta a que seguirá batendo marcas. Oito de cada dez son estranxeiros, principalmente dos Estados Unidos.

Alfonso Rueda resaltou tamén que esta ruta é un bo exemplo da desestacionalización e da internacionalización do Camiño de Santiago. A gran maioría dos peregrinos que elixe este itinerario realiza o percorrido fóra da temporada alta, nos meses de maio, xuño, xuño, setembro e outubro.

O presidente galego agradeceu os que traballan cada día para consolidar e protexer esta ruta, na que a Xunta leva investidos 6,6 millóns dende o 2016.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade