Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incautados máis de 20.000 artefactos pirotécnicos nas festas de Culleredo e Arteixo

Incautados máis de 20.000 artefactos pirotécnicos nas festas de Culleredo e Arteixo

As actuacións leváronse a cabo durante os días 23 e 24 de xullo no marco da festas de Santiago Apóstolo 

A Garda Civil inspeccionou unha decena de postos de venda ambulante

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 26/07/2026 10:58

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña incautáronse de máis de 20.000 artefactos pirotécnicos nos municipios de Culleredo e Arteixo.

As actuacións leváronse a cabo durante os días 23 e 24 de xullo no marco dos dispositivos de prevención establecidos con motivo da afluencia de público e postos de venda ambulante pola festividade de Santiago Apóstolo nas localidades do Burgo (Culleredo) e Arteixo.

Os especialistas da PAFIF desenvolveron un operativo de inspección e verificación nunha decena de postos de venda ambulante instalados nos recintos festivos de ambos os municipios.

O obxectivo destes controis era comprobar o cumprimento da normativa vixente sobre o comercio, almacenamento e distribución de material pirotécnico, garantindo así a seguridade cidadá e a integridade física dos asistentes.

Como resultado, os axentes detectaron irregularidades graves na comercialización destes produtos, procedendo á incautación dun total de 20.290 artefactos pirotécnicos pertencentes á categoría F2.

Os postos de venda inspeccionados carecían das autorizacións requiridas ou incumprían os requisitos de seguridade e as condicións normativas aplicables para a venda ao público destes artigos.

Por tales feitos, a Garda Civil formulou catro denuncias. As actuacións instruídas e o material intervido foron postos en coñecemento da autoridade administrativa competente na Subdelegación do Goberno na Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade