Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha voda acaba nunha batalla campal en Gomesende: o noivo negouse a darlle á muller 40.000 euros

Unha voda acaba nunha batalla campal en Gomesende: o noivo negouse a darlle á muller 40.000 euros

A negativa do home a darlle os cartos dos agasallos provocou unha disputa á que se foron sumando parentes

Os organizadores do evento acabaron pedindo auxilio á Garda Civil, despois de que empezasen a romper parte da vaixela

G24.gal 23/09/2026 19:20

Un banquete nupcial celebrado en Gomesende (Ourense) por unha parella que acababa de casar acabou o sábado nunha batalla campal que rematou coa presenza da Garda Civil e pratos rotos nunha casa de turismo rural do século XVII que foi restaurada.

O que prometía ser o día máis feliz das súas vidas terminou nunha rifa entre os recentemente casados e familiares, ata o punto de que chegaron a acudir efectivos do Instituto Armado ao ser avisados da pelexa.

O suceso, indicou a Benemérita, desencadeouse baixo a carpa instalada nos xardíns do inmoble. A orixe da disputa foi unha discusión entre os casados, á que se foron sumando parentes e a escena foi escalando ata o punto de que os responsables da organización do evento acabaron pedindo auxilio á Garda Civil, isto despois de que empezasen a romper parte da vaixela.

En declaracións a EFE, responsables da casa rural explicaron que os feitos tiveron lugar "na carpa" que se instalou na parte exterior da edificación, do tal forma que “non houbo danos materiais na casa”. De feito, contaron que os pratos e cristalería rota pertencían á empresa de cátering que a parella contratou.

Os casados elixiran para celebrar o evento A Casa da Tulla, un casarón do século XVII moi preto da fronteira con Portugal, un lugar idílico que acabou converténdose no escenario dun pesadelo.

Fontes da Garda Civil explicaron que cando chegaron a pelexa xa acabara, aínda que puideron observar a existencia de pratos e vasos rotos polo chan. Así mesmo, aclararon que a súa actuación acabou aí posto que as familias afectadas decidiron que non ían presentar denuncia e mesmo "o pai do noivo ofreceuse a facerse cargo" dos danos.

Pediulle ao marido 40.000 euros dos agasallos, pero el negouse

No que se refire ao evento, segundo publicou La Región de Ourense, a pelexa orixinouse durante o banquete nupcial. A muller esixiu supostamente ao seu marido, orixinario de Ramirás (Ourense), a cantidade de 40.000 euros procedentes dos agasallos de voda, froito, segundo o citado diario, dun presunto acordo nupcial. Pero el negouse.

A rifa foi gañando en intensidade ata o punto de que chegarían a producirse “agresións verbais e físicas”. Entre os detalles, o xornal local describe como a familia del pediu aos seus invitados que non entregasen diñeiro en metálico ao noivo como agasallo.

Tamén recolle que a noiva recoñeceu tras a cerimonia que beberan moito e que se desafogaran rompendo cristalería e parte da vaixela do enlace e que mesmo protagonizaría entre tanto rebumbio "un rápido desafogo carnal" cun dos empregados.

Segundo o citado diario, a muller foise ao baño cun mozo que traballaba na organización do evento e tiveron "un affaire". Tamén diría aos seus amigos que non sentía nada polo seu novo esposo e que o divorcio estaba xa en mans do seu avogado. Sen dúbida, un final abrupto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade