Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros galegos chegan a Venezuela para axudar no rescate das vítimas

Os bombeiros galegos chegan a Venezuela para axudar no rescate das vítimas

Empezarán a traballar nas próximas horas na zona da Guaira

España envía máis equipos de rescate cara a Venezuela

G24.gal 28/06/2026 08:19

Os seis bombeiros e dous técnicos de emerxencias galegos que voaron este sábado á tarde cara a Venezuela para colaborar nas tarefas de rescate das vítimas dos terremotos xa chegaron a destino. O avión A330-200, engalou pasadas as 20.00 horas do aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas con destino á cidade venezolana de Valencia. 

"Acabamos de aterrar en Venezuela, estamos recollendo o material e estamos a dúas horas en bus do noso lugar de destino.  Esperamos chegar e empezar xa a traballar. Estaremos na zona onde está a UME e o ERICAM de Madrid. Imos traballar en conxunto con guías caninos de Asturias e a Rioxa, con tres cans", aseguraba un dos bombeiros

O continxente está composto por seis bombeiros da Asociación Briegal (Procura e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia) e dous técnicos de emerxencias sanitarias da ONG IAE (Intervención, Axuda e Emerxencias). O grupo de rescate está integrado por dous bombeiros da Coruña, outros dous de Ferrol, un dos astaleiros Navantia e dous do Consorcio Provincial da Coruña. 

Confían en atopar con vida superviventes que quedaran atrapados entre os cascallos na zona da Guaira. Saben que as primeiras 72 horas son fundamentais para o rescate, e máis con temperaturas altas, pero os traballos que poidan desenvolver nesta cuarta xornada despois dos terremotos tamén poden axudar a localizar vítimas que aínda resistan debaixo dos restos dos edificios. 

O operativo forma parte do dispositivo estatal de axuda humanitaria coordinado polo Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias (Cenem).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade