Os equipos de rescate apuran as horas para atopar superviventes entre os cascallos en Venezuela
33 persoas foron rescatadas con vida nas últimas horas
Entre as vítimas mortais hai 17 españois, 138 seguen desaparecidos e 12 están localizados
As cifras de vítimas do dobre terremoto en Venezuela segue subindo. Os mortos xa son 1.450 e os feridos superan os 3.000. Entre as vítimas mortais hai 17 españois. 138 seguen desaparecidos e 12 están localizados. Os equipos de rescate lograron sacar de entre os cascallos 33 superviventes nas últimas horas.
Un bebé de 9 meses é o protagonista dunha das últimas historias heroicas de rescate en Venezuela. Canda el, baixo os cascallos, estaba a súa nai.
O paso dos días diminúe as esperanzas de atopar xente viva. Uns labores de busca cada vez máis insalubres pola presenza de cadáveres por todas partes, que xa non collen nos depósitos.
As familias desespéranse pola falta de medios profesionais.
"Necesitamos máquinas. Por favor, axúdennos".
A oenegué española IAE -Intervención, Axuda e Emerxencias- xa inspeccionou dez zonas de traballo na Guaira. O galego Miguel Montero lidera ese grupo de especialistas en rescate. De momento, sen éxito, xa que non lograron localizar ninguén con vida.